Lousame reabrirá o ximnasio municipal a partir do mércores 7 de outubro

04 Outubro 2020

O Concello de Lousame reabrirá o vindeiro mércores 7 de outubro o
ximnasio municipal, emprazado no polideportivo Pilar Barreiro Senra e que permanecía pechado dende o pasado 13 de marzo. As instalacións volverán abrir as súas portas, en horario de 19:00 a 22:00 horas, e as persoas interesadas en facer uso das mesmas deberán solicitar día e hora na oficina de Deportes (981 825 780).
O concelleiro de Deportes, Jesús Martínez, explica que “todas as persoas que desexen facer uso do ximnasio municipal deberán cumprir cos requisitos recollidos no protocolo Covid-19, como levar máscara, desinfectar todo o material despois do seu uso e atender as distintas normas de obrigado cumprimento que lles explicarán os técnicos municipais”.
As persoas usuarias deberán contactar coa oficina municipal de Deportes para elixir entre bono anual de 11 meses (cunha cota de 60 euros) ou bono mensual (cunha cota de 6 euros), en ambos casos con dereito a 3 horas semanais. Unha vez recibidas todas as peticións, o Departamento de Deportes elaborará unha planificación co obxectivo de que haxa as menores coincidencias posibles de persoas nas instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.