O boirense Juan Dios, secretario do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos

01 Outubro 2020
CGCOP

A pasada semana o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos anunciaba os cambios realizados na súa xunta de goberno, así o até de agora presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, o boirense Juan Dios Tomé, pasa a ser o novo secretario da organización.

Emporiso, o posto de presidencia do Consello pasa a mans de Elena Carrascosa, actual presidenta do Colexio de Podólogos de Castela-A Mancha, representando deste xeito a 7.500 profesionais da podoloxía. Engadir que Carrascosa substituirá a José García Mostazo, presente na organización podiátrica colexial os últimos oito anos. A candidatura de Carrascosa foi proclamada ao ser a única presentada nas eleccións.

Segundo fixeron saber fontes do consello xeral, o relevo na directiva “é un relevo tranquilo que dá continuidade á xestión do anterior equipo e incorpora persoas para dar un novo impulso á institución”.

Dios destaca que os principais obxectivos deste mandato serán “conseguir a inclusión dos podólogos na carteira de servizos da sanidade pública, loitar contra o intrusismo na profesión, difundir o labor dos podólogos entre a poboación e incentivar as relacións institucionais do Consello Xeral coa Administración pública”.

Un profesional sanitario, podólogo e enfermeiro en Barbanza

Juan Dios exerce a práctica clínica privada en Boiro (A Coruña). É diplomado en Enfermaría pola Universidade de Vigo e diplomado en Podoloxía pola Universidade da Coruña (2001-2004). Realizou o seu posgrao en 2009 en Técnica Ortopédica pola Universidade Internacional de Cataluña. Ademais, realizou o Mestrado Universitario en Cirurxía Podológica de Mínima Incisión para podólogos pola Universidade Católica de Valencia San Vicente Mártir en 2019.

Con relación á súa actividade colexial, exerceu como vogal e responsábel da área de formación do Colexio de Podólogos de Galicia de 2015 a 2019, e desde 2019 é o presidente do Colexio profesional.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.