“A illa das mentiras” chega á gran pantalla de Ribeira este venres

02 Outubro 2020

Este venres estrearase en Ribeira e noutras 15 salas de cines de Galicia” A illa das mentiras”, a ópera prima da directora Paula Cons. O thriller está inspirado no naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, ocorrido en 1921 fronte ás costas de Sálvora.

A película está protagonizado por Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna.

A película, tal como publicamos en O Barbanza, foi estreada en Arxentina o pasado 14 de maio na plataforma online do “Instituto Nacional de Cine e Artes Cinematográficos” de Argentina “. Durante o seu primeiro mes de proxección foi a película máis descargada con máis de 70.000 visualizacións. Foi proxectada recentemente en diversos festivais, como o de San Sebastián, o de Shanghái, o de Ourense e o de Cans.

En España estreouse o pasado 24 de xullo na plataforma Filmin.es, a canle online máis prestixiosa do cinema independente .

A película será estreada en circuito comercial o próximo venres día. En Ribeira será proxectada nos Multicines Barbanza onde se poden comprar desde xa as entradas.

A película “A Illa das mentiras” dirixida por Paula Cons, utiliza como base do seu argumento o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido o 2 de xanero do 1921 e do que se van cumprir 100 anos. Neste tráxico suceso morreron 213 persoas e salvaronse 53.

Aínda que arranca en Sálvora durante o naufraxio, o argumento é unha ficción novelada que non narra os feitos reais do acontecido aínda que os usa como referencia.

Presentación do inicio da rodaxe en marzo de 2019. Joferpa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.