Baixan os positivos con Covid hospitalizados a 241 en Galicia, deles 29 en UCI. Na área Santiago-Barbanza baixan os positivos a 572

29 Setembro 2020

Na área sanitaria Santiago-Barbanza os casos activos baixan a 572, once menos que onte. As altas suman 51 nas últimas 24 horas pero hai 40 novos contaxiados.

Os hospitalizados son 35 (34 no Hospital Clínico de Santiago: 6 deles en Unidades de Críticos + 1 no Hospital La Rosaleda). Os pacientes curados son 3.092 e as PCR realizadas suben a 72.796.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.297, deles 977 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 756 da de Ourense, 793 da de Pontevedra, 510 da área de Vigo, 572 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 212 en unidades de hospitalización e 4.057 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.744 persoas curadas, rexistrándose 736 falecementos. O número de PCR realizadas é de 474.033. 

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...