O colectivo ribeirense das Amas de Casa organiza a segunda edición do curso de monitor de tempo libre

31 Xullo 2019

20190731. A Asociación de Amas de Casa de Ribeira presentou esta mañá por segundo ano consecutivo o curso de monitor de tempo libre. As encargadas de detallar as características desta acción formativa foron Puri Cores, presidenta da asociación; Juana Ermitas Crujeiras, primeira vicepresidenta; e Mari Pego, vogal.

O curso terá unha duración de cinco meses, de setembro deste ano a xaneiro de 2020. A formación levarase a cabo os sábados, en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. O prezo é de 280 euros para socios, 255 para persoas que se atopen no paro e 230 para estudantes. O número de prazas é limitado, concretamente 25, e pode anotarse calquera persoa maior de 18 anos, con posesión do título da ESO ou equivalente.

Ademais, o colectivo ribeirense conta coa colaboración da Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas, a cal se encarga de planificar as prácticas para os alumnos. Unha vez rematada a formación, entregaráselles aos participantes un título oficial pola Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición estará aberto o luns da próxima semana e prolongarase ata o 12 de setembro, podendo realizarse na sede situada en Ribeira, na rúa Monumento 5 Entreplanta, ou a través do teléfono 981874577, do whatsapp 619066684 ou do enderezo amasdecasaderiveira@gmail.com. Será necesario presentar unha copia do DNI, do certificado dos estudos requiridos ou dun documento que acredite a situación de paro. Toda esta documentación poderá achegarse persoalmente ao propio local ou a través do correo electrónico mencionado anteriormente.

Así mesmo, desde a asociación indicaron que se trata do único curso que se celebra desta categoría na zona. De feito, o anterior ano participou xente do concello de Ribeira e dos municipios limítrofes. Tamén destacaron que, na edición pasada, se cubriron tódalas prazas e quedaron persoas en reserva, así como que algunhas conseguiron traballo unha vez finalizada a formación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.