O BNG de Ribeira, moi crítico coa xestión do proxecto do Auditorio Municipal

25 Setembro 2020

O Bloque Nacionalista de Ribeira vén de emitir un comunicado, froito das decisións adoptadas na asemblea local deste xoves 24 de setembro, no que informa polo miúdo á cidadanía da súa posta en relación ao proxecto do novo Auditorio Municipal. Amais de dar conta dos seus puntos de vista sobre o proxecto, o grupo nacionalista critica no comunicado o desenvolvemento do mesmo dende a súa orixe, poñendo o foco, tamén, no que considera un intento, por parte do Concello, de “responsabilizar á oposición” do adiamento da construción, “cando o único responsábel de que non estea en marcha é do alcalde e do seu Goberno”.

Segundo declara en nome da asemblea o concelleiro, Luís Pérez Barral, “a nefasta xestión feita polo Partido Popular provoca inseguridade e a súa desconfianza pois o Auditorio comezou cun orzamento de 2,5 millóns de euros con todo o mobiliario e equipamento, pasou a 3,6 e agora xa está orzamentado nos 4,7 millóns de euros sen equipamento necesario para entrar en funcionamento”.

O grupo considera que “con esta xestión, o Goberno local perde toda credibilidade, unha vez máis, para xestionar grandes proxectos posto que nin tan sequera son capaces de orzamentalo, como ben testemuñan as modificacións do orzamento, chegando a duplicarse”. Os nacionalistas cren que sería unha “absoluta irresponsabilidade permitirlles seguir adiante con estes feitos”. Tamén recoñecen ter votado “sempre a favor de dotar a Ribeira dunha infraestrutura cultural acorde ás actividades que se desenvolven na localidade”, mais, engaden, “o Goberno local mostra a súa incapacidade para xestionar responsabelmente e así o ten demostrado outras veces; vímolo no Mercado Municipal que tivo que saír licitado dúas veces e presenta múltiples carencias, pasou coa EDAR cuxo funcionamento presentou problemas e agora se lle fai pagar un tarifazo á veciñanza malia o traballo do BNG para evitalo e está a pasar co tamén Auditorio”, manifestan os nacionalistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.