O filme María Solinha proxectase este domingo 27 na Pobra do Caramiñal

27 Setembro 2020

A longametraxe galega María Solinha proxectarase na Pobra do Caramiñal, da man do Concello e a Deputación da Coruña. Será no domingo 27 de setembro, ás 20.00 horas, no Elma. Producida por Vía Láctea Filmes e Televisión de Galicia (TVG), o filme foi dirixido e escrito por Ignacio Vilar (A Esmorga, Sicixia), quen quixo reivindicar o carácter libre e loitador de María Solinha, unha senlleira e histórica muller galega que foi perseguida polo poder político e a Igrexa após desafiar o sistema estabelecido.

O evento constará da presentación do filme coa presenza do director, Ignacio Vilar, e organizarase un coloquio posterior coas persoas asistentes.

A cabida do local estará limitada para seguir as medidas de seguridade implantadas por mor da COVID-19. Por iso, a entrada, se ben gratuíta, será pola orde de chegada ó teatro cine Elma.

Respecto do argumento en si mesmo da longametraxe, nárranos a chegada a Cangas dun afamado director que ten o proxecto de reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. O filme está interpretado por Grial Montes, Laura Míguez, Santi Prego, Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”. O guión é de Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales e Ignacio Vilar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.