CRMHBarbanza presenta este xoves unha unidade didáctica para ESO e Bacharelato

23 Setembro 2020

O xoves 24 de setembro ás 20.00 horas e no andar superior do Auditorio de Ribeira, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMHBarbanza) presentará unha unidade didáctica para dar a coñecer entre as novas xeracións de estudantes importantes feitos do noso pasado pendentes de ser recuperados e reivindicados, relativos á Segunda República e á Guerra Civil nos consellos de Barbanza e da ría de Muros e Noia.

Esta proposta didáctica elaborada por José Antonio Pérez Fernández, profesor de Xeografía e Historia no IES Leliadoura, está concibida para traballar tanto na ESO coma no Bacharelato, ofrecendo ao profesorado “unha ferramenta interesante con documentos historiográficos, arquivísticos e testemuñas orais”, en palabras da comisión, que lembra que a portada e contraportada da unidade foi elaborada por Mónica Montero. No acto, no que se gardarán todas as medidas de seguridade, repartirase a proposta didáctica entre os centros de ensino da nosa contorna.

Outros artigos

O BNG eleva ao Parlamento a falta de médicos en Ribeira

A deputada Rosana Pérez, rexistrou iniciativas no Parlamento galego co obxectivo de instar á Xunta de Galiza a dotar do número de profesionais sanitarios suficiente o centro de saúde de Ribeira. Dende o BNG denuncian que "malia os centos de anuncios e a propaganda do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...