37 novos positivos na área sanitaria de Santiago – Barbanza. Morre un home no CHUS

22 Setembro 2020


O último balance da Consellería de Sanidade sobre a evolución do virus na área sanitaria de Santiago informa do falecemento dun home de 88 anos, que estaba ingresado no CHUS. Trátase da cuarta vítima mortal desde que comezaron os rebrotes.

Segundo a área sanitaria rexistraronse 37 contaxiados máis nas últimas horas, o que eleva o número a 627. Deles, 29 atópanse hospitalizados -27 no Clínico e dous no HM A Rosaleda. Cinco deles presentan os síntomas máis graves e tiveron que ser ingresados na unidade de coidados críticos, un máis que onte.

Sobre o número de altas hai 35 curados máis na última xornada polo que a cifra total ascende ao 2.800. Polo que se refire ao balance de PCR, as cifras seguen en aumento con 697 nas últimas horas, polo que xa se achegan aos 67.100.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...