Ribeira adxudica axudas COVID 19 do plan Reactiva a un total de 138 establecementos

16 Setembro 2020

Un total de 138 establecementos de comercio e hostalería do municipio
beneficiáronse das liñas de axudas COVID-19 lanzadas a mediados de xuño no marco do Plan Reactiva Ribeira, logo de que a Comisión Avaliadora ditaminase a correspondente resolución.
Das mesmas, un total de 15 entidades acolléronse á convocatoria de axudas dirixidas á mellora e innovación do comercio local, con importes que alcanzaron ata os 3.500 euros (os beneficiados dispoñen ata o 20 de novembro para xustificar a axuda).
Moito máis numerosa foi a liña destinada á reactivación do comercio e
a hostalería local, na que foron 123 os establecementos que cumpriron os requisitos esixidos, dos cales un total de dezaoito alcanzaron unha subvención de 2.000 euros (neste caso, a data límite para xustificación da axuda é o 11 de outubro).
O Concello está a preparar novas liñas de subvencións contra os efectos da pandemia no termo municipal no marco do Plan Reactiva Ribeira.


Duplicación contía subvencións escolares
Cómpre lembrar ao respecto que aínda está aberta a convocatoria para a concesión de axudas municipais destinadas libros, material escolar e comedor do Concello: unhas axudas que este ano viron duplicada a súa contía, pasando de 30.000 a 60.000 euros e reservando a metade especificamente para casos COVID-19
(representantes da unidade de convivencia familiar afectados por ERTEs ou ben que estiveron obrigados á suspensión da actividade pola norma estatal ou autonómica derivada do estado de alarma).
O prazo para esta liña de subvencións expira o 22 de setembro.

Maís información da resolución de axudas COVID:
http://www.ribeira.gal/adxudicacion-de-axudas-provocadas-polo-covid-
19/

Máis información da convocatoria de axudas escolares:
http://www.ribeira.gal/concesion-de-axudas-municipais-de-libros-
material-escolar-e-comedor-para-alumnos-as-dos-centros-docentes-
publicos-e-concertados-de-educacion-infantil-educacion-primaria-e-
secundaria-do-concello-de-r/

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.