‘Ohlimpiadas’ chega este xoves á Pobra do Caramiñal

30 Xullo 2019

20190730. A proposta gañadora do Premio Fetén ó Mellor Espectáculo de Rúa 2019 recala este xoves, 1 de agosto, no Cantón da Leña pobrense, ás 20.30 horas. Trátase do espectáculo Ohlimpiadas de Cía. Sincronacidas, unha proposta fresca e divertida na que dúas limpadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratase. O día a día é narrado coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construír un mundo absurdo e disparatado.

O espectáculo conta coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos da TVE.

Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas coma a danza, os portes acrobáticos e todo regado cunha boa dose de humor que da soporte a esta cita para o deleite de tódolos públicos.

Se vai mal tempo, a actividade desenvolverase no teatro Elma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.