Quico Cadaval, Excéntricas e a FIOT levan a Rianxo a súa nova revisitación de Shakespeare: Medida x Medida

14 Setembro 2020

O vindeiro 26 de setembro o dramaturgo e actor Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) e máis o seu equipo de Excéntricas estarán no Auditorio de Rianxo para achegar unha nova representación do espectáculo Medida x Medida, baixo a dirección de Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez.

A cita teatral será na Sala Arcos Moldes o sábado 26 ás 20.30 horas. A entrada será de balde con reserva previa. Esta pode facerse até o 25 de setembro a través do correo auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217.

O espectáculo Medida x medida xorde directamente dunha destacada unión de forzas: a da compañía Excéntricas e ao do FIOT (o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). Trátase dunha adaptación da obra de William Shakespeare do mesmo nome, elaborada por Quico Cadaval (que ten ás súas costas certa experiencia en deconstrución e reconstrución arredor da obra do escritor inglés, por exemplo a través da obra Shakespeare para ignorantes). Sobre Medida x Medida comentou o dramaturgo e contador carreirán nunha entrevista recente: “Durante 300 anos discutiuse se o texto era unha comedia, un drama, un melodrama ou unha traxedia, e ese carácter onde o horror e o riso se mesturan pois é unha cousa que nos interesou a min persoalmente pero tamén á boa parte da compañía”. Segundo engadiu, a montaxe de Excéntricas achéganos “un Shakespeare máis canónico, afastado daquel Shakespeare para ignorantes que fixemos hai anos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.