Noia inicia este luns a campaña marisqueira

13 Setembro 2020

O alcalde de Noia, Santiago Freire, vén de supervisar os últimos detalles das obras de remodelación e ampliación da lonxa do Testal executadas pola empresa Tragsa de cara á apertura da campaña marisqueira este luns. Unhas instalacións nas que a Consellería do Mar vén de investir preto de 600.000 euros e que serán visitadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, este luns 14 de setembro, ás 11:30 horas.
“Trátase dunha actuación moi demandada na que a Consellería do Mar asumiu en solitario un investimento próximo aos 600.000 euros e que ten como obxectivo favorecer as condicións laborais dun colectivo tan importante para Noia e a nosa contorna como son os mariscadores
e mariscadoras”, explica Freire Abeijón.

As obras supuxeron unha fonda remodelación destas instalacións, que redundarán na mellora das condicións de illamento, impermeabilidade e climatización do inmoble. Así mesmo, mellorouse a cuberta do edificio, a accesibilidade das instalacións e a distribución dos espazos interiores, coa instalación de sumidoiros que facilitarán o desaugue no proceso de limpeza.

“Nas próximas semanas montarase o graderío para que todas as persoas que o desexen poidan seguir o proceso de clasificación e procesado do berberecho de Noia, o que estou seguro que será un importante atractivo turístico”, indica o alcalde noiés, quen aproveitará a visita do presidente autonómico para agradecer o compromiso da Xunta cun sector do que
dependen máis de 1.500 familias do municipio.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.