O Concello de Rianxo e os empresarios locais xuntan forzas para lanzar Mercarianxo.gal

11 Setembro 2020

Sumar forzas contra a crise sanitaria e económica e facelo botando das ferramentas (as tecnolóxicas) que axudaron a moitas empresas, moitas familias e moitos cidadáns a manter a súa actividade económica-formativa-informativa durante o máis cru da crise da COVID. Este é o alicerce da plataforma Mercarianxo.gal, que se presentou nos seus detalles ante o tecido produtivo local este venres no salón do plenos do Concello rianxeiro, un portal de ecommerce no que envorcaron esforzos o Goberno local e máis a Asociación Rianxeira de Empresarios e que irrompe no panorama online con dúas vertentes complementarias: un gran escaparate virtual e máis un marketplace.

Por unha banda, o escaparate virtual vai permitir que tódolos negocios de Rianxo estean localizados nun mesmo dominio a través do cal poidan amosar e promocionar produtos e servizos, novidades, ofertas ou promocións especiais, etc. “A finalidade deste escaparate virtual”, sinalaron a ARE e máis o Concello, “é facilitar a localización de empresas, produtos e/ou servizos por parte dos rianxeiros co obxectivo de que busquen aquilo que precisan nos negocios da vila antes de realizar as súas compras online ou fóra da vila”.

A outra vertente da plataforma é un marketplace que permitirá que aqueles comercios que o desexen poidan vender en liña os seus produtos “aumentando así as súas opcións de negocio e as súas ventas”. Nesta parte do proxecto terán cabida todo tipos de comercios, incluso a alimentación, e tamén a hostalería. Ademais, incluiranse os servizos de recollida de pedidos no propio establecemento e a entrega no domicilio.

O Concello e ARE informaron de que a parte do proxecto que está arestora en desenvolvemento, a creación da plataforma que vai albergar o escaparate virtual e o marketplace, vai ser levada a cabo pola asociación de empresarios, contando para este fin cunha subvención da Xunta de Galicia coa que se financiará parte do investimento.

No acto celebrado hoxe ante a cidadanía e os comerciantes informóuselles de que en vindeiras datas comezarase a facer contactos cos negocios locais para “ilos informando do proxecto e comezar a incluír na plataforma a información de todos aqueles que dean a súa autorización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.