O Campionato Galego de Percorrido de Bosque 3D chega este sábado á Pobra

01 Setembro 2020

O sábado 5 desenvolverase na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Percorrido de Bosque 3D, unha cita deportiva que contará coa participación de 52 persoas, divididas en catro modalidades de arco -composto, instintivo, espido e longbow-, e que dará acceso a campionatos nacionais. Ao acto de presentación asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo, a técnica desta área, Ana Romero, e a presidenta do Club Arqueiros do Barbanza, Inma Souto.
A zona elixida para o transcurso da proba é A Portela, unha área boscosa que, tal e como expuxo a edil, está suficientemente lonxe de núcleos poboados. Por outra banda, o horario establecido é de 09.00 a 19.00 horas, existindo dous circuítos: un pola mañá e outro pola tarde. Unha vez feito o reconto, procederase á entrega dos trofeos.

O Campionato Galego de Percorrido de Bosque 3D chega
este sábado á Pobra

Máis polo miúdo, Inma Souto indicou que se estipulan 24 propostas de tiro en cada un dos circuítos, en que se van disparar frechas a réplicas de figuras de animais. No referente ao protocolo establecido por mor da COVID-19 determínase o seguinte: non deixar entrar ninguén ao circuíto sen máscara; utilización en todo momento da máscara; toma-la temperatura de quen participe na proba cun termómetro a distancia; o xurado deberá empregar pantallas de protección, máscaras e luvas; e cada participante disporá dunha pistola pulverizadora de solución hidroalcohólica para desinfecta-las figuras en que craven as súas frechas, entre outros aspectos.
En canto á normativa do propio evento, figura que as persoas menores de 14 anos deberán acceder acompañadas dunha persoa adulta que debe estar
perfectamente acreditada; e quen incumpra as pautas, tanto as sanitarias coma as propias bases, deberá abandona-la competición, polo cal se procederá á súa descualificación.
Así mesmo, a realización desta cita deportiva contará cun recurso preventivo, é dicir, un total de dez persoas que velarán en todo momento polo total cumprimento das medidas preceptivas.
Tamén se deu conta da loxística necesaria para o desenvolvemento do
campionato. Neste senso, o Club Arqueiros do Barbanza proporcionará
máscaras e luvas para cambiar cando sexa preciso, ademais de facilita-lo
avituallamento sólido (bocadillo e froita), o cal estará precintado por salubridade. Finalmente, o alcalde manifestou que o Concello, a través da Concellaría dos Servizos Municipais, porá á disposición outra parte da loxística. Do mesmo xeito, contarase coa colaboración da Protección Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.