“Non é o mesmo”. Andrés Fariña Cadenas

26 Agosto 2020
Andrés Fariña

Non é o mesmo unha familia onde cada neno ten a súa habitación e o seu computador, que unha familia onde os nenos non teñen o seu espazo e carecen de computador persoal. Hai anos que nos cremos un país adiantado socialmente, pero isto leva implícito unha serie de recursos e a Covid-19 demostrounos que é mentira. Vivimos sobre unha falsa realidade que en moitos casos as estatísticas e a grandilocuencia dos medios de información desfiguran.

Miles de familias carecen de computadores e conexión a internet. De que serve que nos digan que somos o país con mais numero de móbiles, se despois non podemos ofrecerlles aos nosos fillos un portátil para realizar os seus traballos escolares.

Salarios de miseria, carencia de vivendas dignas, escaseza de garderías, limitación de profesorado, aulas masificadas, incomprensión, e aínda obstaculos, á conciliación laboral e familiar. Esta é a realidade que padecen multitude de familias, soportándoo cunha resignación encomiable, anestesiadas polos medios de comunicación encargados de inocularnos un escenario de culpabilidade persoal e inevitable. “Só nós somos responsables da nosa situación”. E é mentira. E é unha fraude á sociedade. E é unha neglixencia política. Todo este escenario, de guion de autor, sométenos a unha situación de inacción social e admitimos que non hai mais remedio.

As autoridades, que o son polo voto de confianza que lles damos, énchense a boca co discurso da educación é un investimento, pero seguen actuando coma se fose un gasto mais. As autoridades, que o son polo votos de confianza que lles damos, actúan en fraude cando priorizan a privatización fronte aos servizo públicos.

Os servizos públicos son a única panca ao que nos podemos agarrar para garantir un mínimo de benestar social. É a única posibilidade que temos as persoas de mellorar no escalafón social. É o único banzo que nos permite subir e progresar. E fixense vostedes os debates incompresibles que se producen na elaboración das políticas sociais.

Asumamos a dificultade da reforma do modelo estrutural do noso sistema económico, baseado en sectores de baixa cualificación e por iso moi sometido ás crises económicas. Por aquí diriamos javota pa terra, mariñeiro.

……. Pero fronte a esa actitude conservadora, de empresario micro, a Administración Publica debería de facer o esforzo de dixitalizarse urxentemente.

Producimos tanques ou manteiga?. Facemos parques ou dixitalizamos a Administración?. Hoxe todos sabemos que se os cidadáns non cobraron os subsidios é pola lentitude administrativa. Todos sabemos que se os alugueres son altos é pola falta de vivenda publica. Todos sabemos que cando unha doenza abócanos a unha clínica privada é con intencionalidade política.

Nunca o benestar dun individuo sera o benestar da sociedade. Só o benestar da sociedade é o benestar do individuo.

Se é importante vender coches. Somos concesionarios non fabricantes. Igual de importante é vender computadores. Dotar de computadores ás familias. Investir en telecomunicacións e dotar de conexión en rede a todo o territorio é a mellor maneira de facer unha sociedade informada e libre.

Espero que os fondos que nos tranfiere Bruxelas, invístanse nos plans establecidos e non sigamos malgastando o diñeiro público e facendo mais beirarrúas, como outrora, en busca do voto.

Se queremos garantir a formación dos nosos fillos, a estas alturas, ás portas do novo curso escolar é mais necesario un portátil que os libros de texto, mais necesaria unha conexión wifi que un móbil, mais imprescindible e produtivo contratar un profesor que o debate sobre o dubidoso gasto do remanente de tesourería dos concellos, aínda que isto último entretén moito.

Hoxe a información está na rede. Os centros educativos deben ser xestores do coñecemento e non só transmisores. O portátil é un instrumento fundamental para o desenvolvemento das tarefas e o logro dos obxectivos académicos e profesionais en dereito de igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.