Mellorada cunha nova escaleira o acceso á praia do Almacén de Sálvora

26 Agosto 2020

Seis usuarios do taller de carpintería do Servizo de Drogodependencias de Ribeira xa están mans á obra para arranxar o acceso á praia do almacén de
a Sálvora.

Baixo a dirección do seu profesor Manuel Casais, os alumnos-pacientes da UAD están a substituír a deteriorada escaleira de pedra que conducía á praia do Almacén por outra estrutura elaborada en madeira: é unha das actuacións que teñen previsto realizar, ademais da construción e colocación de 30 carteis identificativos realizados en madeira tallada que serán instalados á beira de camiños, sendeiros e areais.

Esta viaxe terapéutica prolongarase ata o próxio martes 1 de setembro. De alimentar aos usuarios se encarga o alumnado do obradoiro de emprego de cociña O Pote, que estivo a preparar distintas receitas que foron transportadas na viaxe de onte. Hai prevista unha segunda entrega este venres.

Cómpre lembrar que nas súas estancias na illa en anos anteriores os usuarios do taller de carpintería ocupáronse de restaurar dunha calesa, dunha dorna e dunha embarcación auxiliar: tres elementos que se exhiben no Pazo de Sálvora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.