En Boiro un ciclista tivo que ser evacuado polos bombeiros. En Rianxo tiveron que intervir nun accidente na Ag-11

20 Agosto 2020

Un operativo coordinado entre bombeiros e servizos sanitarios de urxencia permite evacuar a un ciclista que sufriu unha caída nunha zona de monte, en Boiro.

Ocorreu minutos antes das once desta mañá, tal e como indicou o compañeiro do deportista ferido mediante unha chamada de urxencia ao 112 Galicia.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros de Boiro e aos membros do Servizo Local de Protección Civil debido a dificultade para acceder ao ferido, que presentaba unha importante lesión nun nocello. 

Bombeiros de Boiro auxilian a un ciclista. Cedida

Deste xeito, unha acción coordinada entre efectivos de salvamento e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 puideron acceder ao ciclista ferido e trasladalo ao punto no que agardaba unha ambulancia, preparada para a súa evacuación. Neste operativo tamén se contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil.

Con anterioridade unha dotación de bombeiros do Consoricio Provincial Contraincendios e salvamento da Coruña, con base en Boiro actuaron nun accidente con feridos na AG-11 no pq17 ao seu paso polo Concello de Rianxo.

Bombeiros de Boiro . Cedida

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.