O BNG de Ribeira esixe pór solución definitiva ás eivas de saneamento nos Mosqueiros e Os Areeiros

20 Agosto 2020

O BNG de Ribeira trasladouse este xoves 20 de agosto ás praias de Castiñeiras e Aguiño para esixir, nas súas palabras, “a solución dos problemas detectados no sistema de saneamento nas zonas de Mosqueiros e Areeiros”. A iniciativa, rexistrada no Concello, foi debullada nos seus detalles polo concelleiro Luís Pérez Barral, que lembrou a postura crítica da agrupación coa infraestrutura da EDAR dende as súas orixes, poñendo o foco nas conducións que levan os residuos urbanos até a estación depuradora, “polo que apoiamos á veciñanza e fixemos traballo propio con alegacións e propostas alternativas”.

Detallou Pérez Barral que en xuño do ano 2017 pediron que o aliviadoiro sito no río Listres “puidera ser canalizado sen que provocase problemas de cheiros á veciñanza, nin problemas aos mariscadores do lugar”. A partir de aí, e até decembro de 2019, o concelleiro recordou que o grupo presentou “numerosas iniciativas para demandar solucións neste río polas verteduras, polos constantes movementos de area e falsas canalizacións do río que fixeron diferentes administracións sen que nada dese resultado”.

O río Listres na súa desembocadura nos Areeiros

Segundo declarou o voceiro, Xosé Vázquez Cobas, o 20 de febreiro do 2018 na acta de reunión de Seguimento de Incidencias Asociadas a Implantación e posta en marcha das instalacións da EDAR, a preguntas da representación veciñal, recóllese textualmente que “o alcalde indica novamente que se solicitará esa autorización a Costas do Estado, dándolle prioridade coma mellor solución á canle natural”. Vázquez Cobas lembrou que nas obras do remanente dese ano “figura o acondicionamento da canle do río Listres cunha dotación de 29.800€” e que anos despois, “cando se aproba a cesión de todo sistema EDAR ao Concello”, o BNG “volve solicitar que se lle dea solución á canalización do río”. Para Vázquez Cobas “o desleixo do goberno local é total” pois “no medio quedan verteduras, escritos, iniciativas e protestas polo deterioro da desembocadura do río que chegan até o día de hoxe”.

Segundo fixeron saber, o problema non só se detecta no río Listres e nos Areeiros, xa que “na mesma parroquia de Castiñeiras existe un grave problema que provocou mobilizacións da veciñanza e a denuncia por parte do BNG ante o SEPRONA en agosto do ano 2016”, e que viñeron motivadas en boa medida polos rebordamentos de pluviais mesturados con fecais.

O BNG apela aos outros grupos da Corporación Municipal a apoiar esta iniciativa na que piden que o Concello de Ribeira “realice as obras necesarias, de maneira prioritaria e urxente, para solucionar os problemas detectados no saneamento no río Listres e nos Mosqueiros que teñen incidencia no medio mariño, nas praias e no benestar da veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.