Mañá celebrarase o VI Torneo de Xadrez na Rúa Concello da Pobra do Caramiñal

26 Xullo 2019

20190726. O VI Torneo de Xadrez na Rúa Concello da Pobra do Caramiñal terá lugar mañá sábado, 27 de xullo, ás 16.00 horas. Este evento disputarase nas instalacións do Liceo Pueblense por mor da previsión metereolóxica de chuvia.

O sistema segue o suízo a 5 rondas de 10 + 3 segundos, participando tódalas categorías. Ademais, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, 1ª Xogadora, 1° Xogador Local, 1° Veterano, 1ª Sub14, 1° Sub12, 1° Sub10, 1° Sub8, 1ª Sub14 Local, 1° Sub12 Local, 1° Sub10 Local e 1° Sub8 Local.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico xadrezbretema@gmail.com.

A cita está organizada polo Club de Xadrez Marquiño e conta coa colaboración da Escola de Xadrez Brétema e o patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.