Congalsa lanza un novo vídeo corporativo no que destaca os alicerces de identidade da compañía

11 Agosto 2020

Congalsa lanzou un novo vídeo corporativo no que destaca os alicerces de identidade da compañía novo vídeo corporativo de Congalsa, no que queren transmitir os alicerces da súa filosofía de traballo e no que se define e identifica como organización: a sustentabilidade, a mellora continua e o activo máis valioso da nosa compañía, as persoas.

Valores e marcas: Neste novo vídeo tentan compartir coa súa audiencia, os valores que forman parte do ADN de Congalsa; os ideais, a cultura e a aposta polo futuro que definen o modelo de sustentabilidade. Estes valores son o resultado de 30 anos de experiencia no sector de elaborados de produtos do mar e masas e convertéronse nos alicerces fundamentais da estratexia de desenvolvemento sostible. A protección dos recursos mariños, a implementación dun modelo de mellora continua ou a implicación co capital humano, comparten protagonismo nesta peza audiovisual coa presentación das marcas comerciais, que propoñen diferentes solucións de alimentación adaptadas ás necesidades tanto de profesionais como particulares. A través da creación de diferentes escenarios e momentos de consumo, a intención é comunicar de maneira máis eficaz e fluída a capacidade dos seus procesos, a perspectiva de futuro da compañía e o valor engadido das súas marcas: Ibercook Food Service, para os profesionais da hostalería, Ibercook Fun Food, a gama de produtos deseñada para gozar en casa e Nowtural, a gama máis recente de produtos 100% naturais e coa sustentabilidade como atributo fundamental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.