Boiro e Rianxo reciben 24.000 € para a promoción da igualdade concedidos pola Xunta

06 Agosto 2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas axudas correspondente á segunda ampliación de crédito da convocatoria da Xunta para promover a igualdade entre os concellos galegos. Grazas a este segundo incremento, a Administración autonómica vén de conceder novas axudas a nove concellos da provincia. En concreto na nosa comarca recibirán financiamento para programas de conciliación Boiro (12.000 euros) e Rianxo (12.000 euros).

Consistorio Boiro

Dentro da colaboración fluída cos concellos, a Xunta ampliou en dúas ocasións a convocatoria para promover a igualdade, facendo especial fincapé nas axuda á conciliación, que son unha das máis demandadas.

En concreto, esta convocatoria de axudas conta con catro liñas: as xa mencionadas axudas á conciliación e á promoción da igualdade, que se suman ao financiamento dos Centros de Información á Muller (CIM) e á de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. A convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Consistorio Rianxo

Ao abeiro destas catro liñas de axudas, os concellos da provincia da Coruña recibiron apoios por un importe de máis de 1,9 millóns de euros.

En concreto, 17 entidades locais, recibiron axudas do programa de promoción da igualdade, para levar a cabo accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual. Tamén resultaron beneficiarios os 29 Centros de Información á Muller que hai na provincia da Coruña.

Ademais, 32 entidades locais recibiron axudas a través do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade; e, por último, 48 entidades locais foron as beneficiadas para a realización de programas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

A Xunta destina en toda Galicia a esta convocatoria máis de 6,6 millóns de euros, o que supón 1,3 millóns de euros máis do que se investiu para este mesmo fin en 2019. Ademais, e tamén destinada aos concellos, a Xunta investiu este ano 1,4 millóns de euros nas axudas para o fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, tamén ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Por tanto, a colaboración do Goberno galego cos concellos galegos ascende a 8 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.