“Control do gasto sanitario”. Por José Manuel Pena

08 Agosto 2020

O crecemento do gasto sanitario nas últimas décadas é un fenómeno compartido polas principais economías do mundo, especialmente as desenvolvidas, aínda que tamén o experimentaron os países en vías de desenvolvemento e os emerxentes.

Entre as razóns que poden explicar este incremento do gasto sanitario pódense citar a prioridade que para os cidadáns dos países industrializados supón o gozar dunha boa saúde; o continuo desenvolvemento de novas tecnoloxías sanitarias e farmacéuticas cada vez máis efectivas pero tamén máis custosas; o crecemento da poboación (aspecto moi importante en España, debido ao aumento recente da inmigración) así como o envellecemento da poboación, xa que as persoas maiores fan un maior uso dos recursos sanitarios, tanto maior canto máis avanzada é a súa idade.

Durante centos de anos os homes viñeron actuando na insólita confianza de que os recursos da terra fosen ilimitados e coma se as solucións aos problemas de mañá fosen unha cuestión que debe plantarse entón e non antes. Afortunadamente, desde fai unhas poucas décadas, moi lentamente e non sen resistencias, o concepto de sustentabilidade vén filtrándose no ámbito das ciencias sociais e calando nos idearios dos dirixentes políticos, asumíndose aos poucos que o futuro nos demanda moitas responsabilidades no presente.

Todos os individuos queren máis vida e máis saúde por tanto hai que entender que o custo deste lexítimo dereito probablemente vai seguir crecendo nos próximos anos de aí a importancia da sustentabilidade, a boa xestión e o control do gasto sanitario se de verdade queremos seguir garantindo un dereito universal como sucede en España que ademais é un exemplo para o resto do mundo.

CS Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.