Entran en funcionamento os locais dos grupos políticos habilitados no Consistorio de Boiro

03 Agosto 2020

O Concello de Boiro anunciou este 3 de agosto a posta en funcionamento, no andar baixo do Consistorio, dos locais habilitados para servir de acubillo ás sedes dos grupos políticos con representación na corporación municipal. Esta medida, cuxo regulamento de uso foi aprobada en pleno, implica a posta a disposición das agrupacións de espazos-despacho acondicionados para organizar xuntanzas ou prestar atención veciñal.

Os locais, postos a punto e adxudicados a aqueles grupos que os solicitaron, están formados por tres despachos e unha sala de reunión. Teñen entrada independente e están equipados co material de oficina necesario.

Como dixemos, para o seu uso aprobouse un regulamento, no que se indican as normas de uso dos despachos. A adxudicación e uso dos mesmos paralizouse durante a pandemia, período no que so dous grupos solicitaron facer uso de ditos despachos. “Co acondicionamento destes espazos”, informa o Concello, “cúmprese cun acordo plenario e cunha demanda histórica no municipio boirense”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.