Este venres baixa lixeiramente a temperatura e teremos nubes e claros

30 Xullo 2020

Este venres predominarán na comarca os ventos de compoñente oeste que retirarán a masa de aire cálido e traerán humidade ao litoral. Así comezaremos o día con brétemas, iranse abrindo claros ao mediodía e de novo cara á noite entrarán as nubes. As temperaturas sufrirán un moderado descenso, aínda que a sensación seguirá a ser de calor en puntos do interior. Rondaremos os 24 a 26 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

PROGNÓSTICO MARÍTIMO

Augas costeiras da Coruña Norte Fisterra: SW 3 ou 4 rolando a NW 2 ou 3 mañá pola tarde. Marusía diminuíndo a marejadilla. Sur de Fisterra: Variable 1 a 3 aumentando a N 3 ou 4 mar dentro ao final. Rizada ou marejadilla. Ambas as zonas: mar de fondo do NW de entre 1 e 2 m. Áreas con intervalos de bruma ou néboa. Localmente regular ou mala. Augas costeiras de Pontevedra Variable 1 a 3 aumentando a N 3 ou 4 mar dentro ao final. Rizada ou marejadilla. Mar de fondo do NW de entre 1 e 2 m. Áreas con intervalos de bruma ou néboa. Localmente regular ou mala.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...