O alcalde de Noia indica que a lonxa de Testal estará lista para o inicio da campaña marisqueira

27 Xullo 2020

O alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou este luns 27 as obras de acondicionamento e ampliación da lonxa de Testal, co fin de supervisar o desenvolvemento dos traballos. Segundo indicou, “estes seguen a bo ritmo”, o que indica que as instalacións estarán prontas para ser utilizadas co inicio da campaña de marisqueo. Os labores están a ser desenvolvidos pola empresa Tragsa e conta cun orzamento de case 600.000 euros.

Segundo engadiu o rexedor, o acondicionamento da lonxa de Testal “é unha actuación moi necesaria que vai redundar na mellora do traballo de mariscadoras e mariscadores, xa que corrixe algunhas eivas do edificio actual en cuestión de impermeabilidade, illamento térmico e distribución de espazos”.

O alcalde, que salientou o feito de que as novas instalacións veñan concibidas para mellorar a visualización das poxas, engadiu que as obras inclúen a reforma da cuberta e das paredes do inmóbel, con elementos destinados a mellorar a súa impermeabilidade e illamento térmico. Tamén se contempla a instalación dunhas bancadas para que os turistas poidan observar os procesos de clasificación, transformación e poxas do berberecho noiés.

Ata o momento, Tragsa xa ten realizado traballos de saneamento e eliminación de humidades nas instalacións, así como tarefas de mellora do illamento térmico e do alumeado e redistribución de espazos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.