Vueltos de Rosca levan á Pobra o espectáculo Lila Star

27 Xullo 2020

Este martes 28 temos unha cita co teatro-circo para todas as idades da man da Compañía Vueltos de Rosca e o espectáculo Lila Star. Será a partir das 20.30 horas no Cantón da Leña. A principal artífice desta actividade é a actriz e clown Beatriz Rubio, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, experta en todo tipo de técnicas circenses: acrobacia, equilibrio de mans, rola-bola, clown, etc.

Segundo se fai saber na presentación en Rede do seu espectáculo, Beatriz Rubio é unha artista branca con alma de negra, apaixonada da purpurina e obsesiva pola cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do club de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, tamén, de Pink Floyd.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...