Este 25 de xullo abre as súas portas a Feira do Libro de Rianxo

23 Xullo 2019

20190723 A Feira do Libro de Galicia (Federación de Librarías de Galicia) vai facer este 25 de xullo unha máis que relevante recalada na súa xira pola nosa xeografía: fará unha significativa parada en Rianxo, coincidindo coa festividade do Día da Patria, e cunha fin de semana ateigada de actividades culturais e mariñeiras (tal e como avanzamos estes días, poñendo o foco na Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo).

A Feira do Libro, que ficará aberta na vila (na praza de Castelao, en horario de 10.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30) até o domingo 28, contará coa presenza de importantes editoriais, librarías, escritoras e escritores da nosa terra. Será a parada número doce dunha xira libreira que inclúe presentacións de libros, charlas coloquios, concertos e actividades infantís.

Entre as editoriais que xa nos deron a coñecer o seu plan de actividades atópase Galaxia, que presentará (con concerto incluído do autor) o libro-disco de Xoán Curiel no que homenaxea a Antón Fraguas e o seu legado, Canta, Miña Pedra, Canta. Será o domingo 28 ás 19.00 horas. Por outra banda, Galaxia tamén dará a coñecer o libro Fina, A Pirata, da escritora Helena Villar Janeiro, afincada en Rianxo, e da ilustradora Eulalia Agreso. Será o xoves 25 ás 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...