A Dorna nai da cofradía envorcou e foi levada a Area Secada

24 Xullo 2020

A embarcación da Real e Ilustre, a Dorna Nai, sufriu un pequeno incidente que obrigou a reflotala ata a praia de Area Secada. O suceso ocorreu a media tarde cando a nave pasaba á altura das pedras de Airoa.

A causa parece ter a súa orixe nunha manobra na viraxe e o cambio na dirección do vento o que orixinou que a Dorna Nai envorcara e comezara a entrar auga.

A axuda dunha lancha a motor que pasaba pola zona reflotou a embarcación ata a praia e os tripulantes que ían a bordo foron rescatados polos compañeiros que viaxaban nas outras dúas embarcacións da Real e Ilustre, a Virxe do Carme e a Jalerna.

Non houbo que lamentar feridos e ata o lugar desprazouse a lancha de salvamento da Cruz Vermella de Ribeira, que finalmente non tivo que intervir. A intención dos membros da Cofradía da Dorna era esperar a que baixara a marea para achicar a auga e así poder logo levar á Dorna Nai ata os pantaláns do porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.