Pechada a nova edición do Depor Campus Boiro

24 Xullo 2020

Este venres 24 de xullo pechouse en Boiro a nova edición do Depor Campus local, na que participaron 60 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos ao longo de toda a semana. A iniciativa, promovida pola Fundación Deportivo, a Escola de Fútbol Municipal de Boiro e o Concello, celebrouse no campo de fútbol de Valiño.

O alcalde, José Ramón Romero, participou no acto de clausura da experiencia deportiva, que este ano veu marcada pola COVID e as esixencias sanitarias para mantela a raia (de aí o aforamento limitado de 60 participantes e a habilitación nas instalacións de todas as medidas de seguridade e protección que esixen os protocolos, como fornecemento de máscaras e de xel). No acto de hoxe fíxose entrega ás nenas e nenos participantes dos diplomas de asistencia e de diversos agasallos.

O obxectivo do Depor Campus edición Boiro foi achegar xornadas de convivencia para a rapazada comarca, e tamén para os adultos e directivos dos clubs que os acompañan. Segundo informou o Concello, tamén se busca avanzar na tecnificación deportiva con adestradores de primeiro nivel e fortalecer os valores que transmite o deporte: “Desde o Concello de Boiro queremos seguir apostando polo deporte, sobre todo polo deporte base, fundamental para que os nenos e nenas do noso pobo medren cos valores que o deporte en equipo nos ensinan”, afirmou os días pasados o concelleiro Marcos Fajardo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.