Os servizos de emerxencia desprazaron ata a zona do Río dás Pedras, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, un helicóptero de rescate para efectuar a evacuación dunha persoa que resultou ferida nunha zona de difícil acceso. Segundo a información facilitada polo particular que chamou ao 112 Galicia, preto das once horas desta mañá, a persoa atopábase na zona dos tobogáns naturais, nunha das piscinas localizada no monte da Curota, cando torceu un pé. Ao tratarse dunha zona onde o acceso directo por terra facíase inviable para os equipos de intervención, activouse un operativo que contou coa colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, dos membros de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. De feito, foi a aeronave de Salvamento Marítimo a que, finalmente, puido rescatar ao paciente e trasladalo ata o centro hospitalario de referencia. Durante os labores de evacuación, os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, xunto aos axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade, estiveron coordinados para prestar apoio en terra ao equipo de rescate a bordo da aeronave.
A Policía Local da Pobra detén un home tras unha persecución que rematou nunha rúa sen saída de Palmeira
O sospeitoso, que viaxaba coa muller respecto da cal tiña unha orde de afastamento de 500 metros, fuxiu ao ser requirido polos axentes na praia de Cabío Axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal detiveron esta mañá un home como presunto autor dun delito de...



