A brigada de obras de Noia limpa e mellora a contorna de Santa Cristina de Barro

21 Xullo 2020

A brigada de obras do Concello de Noia está a acometer estes días actuacións de limpeza e mellora en distintos espazos da parroquia de Santa Cristina de Barro.

Segundo informou o Goberno local, trátase de “pequenas actuacións de limpeza e acondicionamento de beirarrúas, roza de marxes de estradas e camiños, así como de limpeza da contorna do miradoiro e da igrexa de Santa Cristina”.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, informou de que ao abeiro desta liña de traballo tamén se vai aproveitar para realizar pequenos arranxos no mobiliario urbano instalado nesta parroquia noiesa.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.