Rianxo reinicia a súa divulgación astronómica cun congreso sobre as rutas xacobeas

16 Xullo 2020

O vindeiro venres 24 de xullo, ás 20.45 horas, e o martes 25 de agosto, ás 21.00 horas, retómanse en Rianxo as sesións de divulgación astronómicas co-impulsadas por Rianxo Ciencia, a Universidade de Santiago e mailo Concello. As novas citas, as dúas partes nas que se artella o congreso público A astronomía nas rutas xacobeas, serán no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo. Haberá relatorios e tamén observacións do firmamento.

As persoas interesadas en acudir terán que reservar praza a través do correo electrónico auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou facelo a través do teléfono 664 18 32 17. As reservas para a sesión do venres 24 deberán facerse entre o mércores 15 e o venres 23 (de 9 a 13.30 horas) e as da sesión do martes 25 entre o xoves 13 e o luns 24 (no mesmo horario).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...