Boiro ilumina as rúas para dar impulso ao comercio e hostalería local

14 Xullo 2020

O Concello de Boiro busca favorecer e impulsar o comercio local, damnificado pola crise producida pola Covid-19. Para adornar as principais vías do núcleo urbano de Boiro estanse a colocar nestes días luces coas que dar vida ao municipio e fermentar o consumo no comercio e hostalería local na época de máis afluencia de xente.
O Concello de Boiro busca impulsar o comercio local e o consumo na
hostalaría no municipio despois dos meses nos que empresarios e comerciantes tiveron que cesar a súa actividade por mor da pandemia. A
Concellería de Comercio traballa, xunto coa Asociación Boirense de
Empresarios, para revitalizar o comercio local e a hostalaría durante a época estival, aproveitando as vacacións e chegada de visitantes ao municipio.
Tamén desde a Concellería de Cultura se busca revitalizar o municipio, polo que se programaron para todo o verán actividades e espectáculos en pequeno formato, seguindo as medidas de seguridade marcadas, para levar a cultura a distintos lugares do municipio.
O Concello de Boiro traballa en outras medidas para favorecer e impulsar ao comercio, coa creación de novas prazas de aparcamento preto das zonas de tendas e negocios, e á hostalaría, como a modificación da ordenanza
reguladora de ocupación de vía pública coa que se van devolver as taxas do
ano 2020 para paliar os efectos da inactividade durante os meses de confinamento.
“Todas estas medidas estanse a levar a cabo gracias ao traballo conxunto das concellerías de Comercio, Cultura e tamén Turismo, e á colaboración dos comerciantes, en especial da Asociación Boirense de Empresarios”, afirmou o alcalde.

Boiro ilumina as rúas para dar impulso ao comercio e hostalería local

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.