Lanzados os apoios do plan ‘Avantemar’ para as redeiras e para a frota que estivo operativa durante a alerta sanitaria polo coronavirus

10 Xullo 2020

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde que establece os requisitos para que os pesqueiros que seguiron faenando durante a pandemia e as redeiras poidan acceder ás medidas previstas para eles no plan deseñado pola comunidade para reactivar o complexo mar-industria

Esta orde de achegas supón un investimento de 7,7 millóns de euros e pretende atender a dous grupos de profesionais que non se ven beneficiados polas medidas deseñadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ao abeiro da modificación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

O conxunto de apoios habilitados para o eido marítimo-pesqueiro galego conta cun orzamento de 77 millóns de euros en 2020 e 14 millóns en 2021 co obxectivo de impulsar o antes posible a actividade trala crise pola covid-19.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...