Máis de 3 millóns para melloras de portos da comarca

10 Xullo 2020

O Diario Oficial da Unión Europea publicou o anuncio da Consellería do Mar polo que se saca a licitación o servizo de redacción de proxectos de obra para diversas actuacións en instalacións portuarias de toda a comunidade, e que dispoñerá dun importe global de 3,1 millóns de euros. Os tipos de traballos que se contemplan son estudos marítimos, ambientais, de patrimonio, de só e estudos de alternativas, anteproxectos e proxectos construtivos.

Ata o 14 de agosto estará aberto o prazo para acceder ás bases do proceso e presentar propostas a través da plataforma de Contratos de Galicia. Na comarca esta iniciativa beneficia a nove portos: A Pobra, Aguiño, Cabo de Cruz, Muros, Palmeira, Portosín, Rianxo, Taragoña e Testal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.