Presentadas 28 ofertas para achegar beiras e canalización a Cubeliños, en Ribeira

10 Xullo 2020

Un total de 28 ofertas foron presentadas a unha nova actuación do Concello de Ribeira consistente en dotar con beirarrúas e canalización de augas pluviais unha zona do barrio de Cubeliños, en Santa Uxía. Cun orzamento de 77.275, IVE incluído, e un prazo de execución de catro meses, o obxectivo do proxecto é “mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona en cuestión mediante a construción dunha beirarrúa de 2 metros de ancho e 330 metros de longo que permita circular aos peóns de forma segura”.

Ademais, será instalada unha rede de pluviais formada por 255 metros de tubo de PVC con 315 milímetros de diámetro, 8 pozos de rexistro e 11 arquetas. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.