No Barbanza 31 moz@s formaranse cun contrato de traballo durante un ano como mínimo

06 Xullo 2020

A Xunta informa da resolución de dous programas de emprego
para persoas mozas cos que se beneficiarán a 31 mozas e mozos menores de 30 anos a través dun investimento de máis de 715.000 euros na comarca do Barbanza.
Á hora de seleccionar este programa, que se celebrará nos concellos de Ribeira e Rianxo, tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación
co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.
Está previsto que ao longo do mes de xullo se activen estes programas para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 31 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.
O alumnado obterá formación e, ademais, disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local. Percibirá un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a
ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Esta é unha das liñas de axudas activadas pola Xunta dentro do Plan de formación, no que outros programas que xa estaban convocados -como os Obradoiros duais de emprego, os Programas Integrados de Emprego, as Unidades formativas en empresas desempregados e para ocupados- non se poden resolver e poñer en marcha por mor da decisión que o Goberno adoptou en abril de non transferir a Galicia ao redor de 100M€ que
lle correspondían para desenvolver accións formativas como estas. Deste xeito, a Xunta non poderá investir os 45,2M€ destinados a estes catro programas e que permitirían celebrar 805 cursos e beneficiar a máis de 15.000 persoas.
A Xunta seguirá apostando pola formación e pola cualificación dos galegos e galegas como unha das claves da recuperación económica poscovid-19. De feito, a nova Axenda de emprego -que prevé mobilizar máis de 225M€- contempla a formación como unha das súas prioridades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.