Corrubedo, 31 ofertas presentadas á segunda fase do edificio da Escola Unitaria

06 Xullo 2020

31 ofertas foron presentadas a unha nova actuación consistente na mellora da envolvente térmica da antiga escola unitaria de Corrubedo e o seu acceso: unha intervención arquitectónica cuxo orzamento ascende a 149.907 euros, con IVE incluído, que supón a segunda fase para a remodelación deste edificio construído nos anos 50 do século XX para uso educativo e que dende a pasada década opera como centro social e cultural dopobo.
Segundo o proxecto técnico elaborado, as obras a realizar inclúen:
 A colocación dun sistema multicapa SATE ou similar con 8 centímetros de illamento térmico, composto por pranchas de poliestireno expandido de 80 milímetros de espesor, suxeiras mediante fixación mecánica e posterior colocación de malla de fibra de vidro embebida en capa de morteiro seco mineral e acabado fratasado con pintura acrílica.
 Mellora do illamento do espazo baixo cuberta e renovación de caños e baixantes de cuberta.
 Carpintería exterior: substitución da carpintería exterior empregando aluminio anodizado.
 Mellora do espazo exterior de entrada ao edificio: a tal efecto aplicarase un pavimento de pedra silvestre abuxardada para mellorar as condicións de seguridade de acceso peonil así como as súas características ambientais. Prevese un pequeno espazo axardinado no lateral sur.
O prazo de execución son seis meses. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación da Coruña.

Escola Unitaria de Corrubedo

Cómpre lembrar que a primeira fase da remodelación do centro consiste na ampliación do centro a través da creación dunha sala de usos múltiples de 137 metros cadrados na súa parte traseira: unha obra que está afrontando o seu tramo final e supón un investimento de 105.182 euros.

Ampliación da Escola Unitaria de Corrubedo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.