Ribeira celebra este domingo a festa de San Cristovo

04 Xullo 2020

Pouco a pouco, aínda que con limitacións, as parroquias da comarca retoman a súa actividade habitual. As comuñons, bautizos e vodas vanse celebrando aínda que limitando os asistentes. En Ribeira por exemplo, preto de 60 nenos e nenas da parroquia de Santa Uxía celebran a súa Primeira Comuñon nos meses de verán.

O que si están limitadas son as celebracións relixiosas nas que se congregan centos e miles de fieis. É o caso de San Cristovo, patrón dos condutores, que se celebra este domingo con Eucaristía pero sin procesión. O acto relixioso terá lugar as 12.30 na misa parroquial.

Imaxe de San Cristovo que se venera na Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Riveira.Foto Joferpa

Facendo historia sobre esta celebración En Ribeira había dous períodos de festas. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais importancia ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas.

A foto do Aquivo de Joferpa amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe situada sobre un camión, colocabase diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres o sacerdote bendecía os coches, camións e motos desde as escaleiras da “Sala de Festas Cambeiro” enfronte xusto dá imaxe e desde onde se fixo esta fotografía.

Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal ribeirense. Esta é outras imaxes históricas pódense ver en www.riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

Celebración de San Cristovo nas festas de verán en 1960. www.riveira.eu Arquivo Joferpa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...