A dragaxe dos peiraos de A Pobra, Portosín, Rianxo e Testal saen a licitación

04 Xullo 2020

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o expediente de licitación do servizo de redacción de estudos ambientais e proxectos de dragaxe para diversos peiraos autonómicos. Esta actuación conta cun orzamento base de licitación de 1,6 millóns de euros e contempla traballos técnicos para unha trintena de peiraos de titularidade autonómica.

Dado que a gran maioría das actuacións para infraestruturas portuarias que afectan á lámina de auga precisan de tramitación ambiental, e ante a necesidade de acometer actuacións de dragaxe e recuperación de calado nun gran número de portos a curto e medio prazo, é preciso dinamizar os traballos técnicos previos cunha visión conxunta. Por este motivo, Portos de Galicia ten iniciada a contratación do servizo de redacción destes traballos.

A día de hoxe téñense detectado necesidades neste sentido en 10 portos da costa cantábrica, 15 na provincia da Coruña e sete da provincia de Pontevedra. Na zona norte, realizaranse estudos técnicos sen carácter exclusivo para portos como Burela, Cariño, Cedeira, Foz, O Barqueiro, A Pobra, Camariñas, Malpica, Pontedeume, Portosín, Rianxo, Testal, Meloxo, Corbaceiras-Pontevedra ou Tragove.

O prazo deste servizo será de dous anos e o expediente de licitación contempla a posibilidade de prórroga dun terceiro en función das necesidades do propio traballo de campo. As bases da licitación atópanse a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia así como na plataforma xeral de Contratos de Galicia.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.