O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de quince peóns para limpeza de praias

02 Xullo 2020

O Concello de Boiro abriu un proceso selectivo para a contratación temporal de persoal de limpeza de praias durante a tempada estival. En total o procedemento dará traballo a quince peóns (8 para a limpeza de praias a media xornada, 7 para a limpeza a xornada completa), que van realizar as tarefas de mantemento dos areais. A presentación de solicitudes pode facerse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o xoves dia 9 de xullo.

Os contratos vanse formalizar baixo a modalidade contractual laboral temporal mediante un sistema de acceso de concurso-oposición.

O Concello fixo saber que as persoas candidatas teñen que cumprir unha serie de requisitos, como pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e ao Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, con coñecementos suficientes de lingua castelá e/ou galega. Os cidadáns estranxeiros teñen que ter permiso de traballo dunha duración mínima de 12 meses e titulación homologada polo Estado, ademais de coñecementos de lingua galega e/ou castelá. As persoas aspirantes deberán acreditar estar en posesión de, como mínimo, titulación de 2º ESO ou equivalente.

As bases están a disposición dos interesados na páxina web do Concello de Boiro ou na portería da Casa Consistorial e as instancias poden presentarse, ata o xoves 9 de xullo, de xeito telemático a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.