A ABE, recoñecida pola Secretaría de Estado para o Turismo polo seu compromiso coa seguridade

01 Xullo 2020

Grazas á súa aposta pola seguridade e polas medidas que garantisen nesta emerxencia sanitaria as mellores condicións sanitarias para empresas e clientes, a Asociación Boirense de Empresarios vén de acadar un importante recoñecemento: o selo Turismo Responsábel expedido pola Secretaría de Estado para o Turismo do Goberno central, que “acredita o compromiso da ABE coa aplicación das directrices e recomendacións contidas na guía de medidas para a redución do contaxio pola COVID”.

Segundo informa a entidade boirense, esta distinción súmase ao selo de Comercio Seguro da Xunta (tras acadar no diagnóstico realizado un nivel de preparación moi elevado en relación coas empresas do sector) e ao recoñecemento Compra do Noso do Clúster da Comunicación (un distintivo xurdido en plena crise económica e sanitaria para fomentar o consumo de produtos e servizos galegos co fin de apoiar a reactivación dos sectores produtivos).

Responsible Tourism

A Secretaría de Estado de Turismo creou o distintivo Responsible Tourism para enxalzar aqueles establecementos e entidades turísticas que fan un esforzo por crear un entorno seguro non só para os turistas senón para os seus propios traballadores e os residentes, aplicando as directrices e recomendacións contidas nas guías de medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARS-CoV-2.

A ABE presta o servizo de solicitar o devandito selo, de xeito gratuíto, a todos os seus socios do sector turístico. A asociación encárgase de tódolos trámites incluso, se o desexan, de imprimir o mesmo para a súa colocación nos locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...