A estrada de Boiro a Cabo de Cruz disporá de preto de medio millón para a mellora da seguridade

29 Xuño 2020

A Deputación da Coruña investirá 449.881,82 euros nas obras de renovación do firme dos primeiros catro quilómetros da estrada provincial DP 1107, de Boiro a Cabo de Cruz.

O investimento, incluido no Plan de Conservación de Vías Provinciais 2020,  foi aprobado por unanimidade no pleno do pasado venres e suporá dotar dunha nova pavimentación á estrada, beiravías e zonas de estacionamento de vehículos entre os PK 0+000 e 4+000.

Os traballos comezarán coa limpeza das beiravías e o fresado por medios mecánicos dos tramos nos que non é posible elevar máis a rasante da estrada actual, así como nas interseccións da estrada provincial con outras estradas e vías municipais. A continuación, estenderase unha capa de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 50/70 S de 4 cm de espesor.

As obras incluirán a demolición dos pasos peonís sobreeelevados existentes, maiormente a base de empedrado. Executaranse redutores de velocidade de tipo trapezoidal a base de mestura bituminosa en quente, cos seus correspondentes elementos de drenaxe.

Reporanse as marcas viarias do eixo da estrada, cun ancho de 10 cm, e de bordo cun ancho 15 cm, así como o repintado de símbolos, pasos peonís e cebreados.

O proxecto inclúe a instalación de nova sinalización vertical, tanto nos  pasos peonís coma no resto dos tramos do vial.  

O prazo de execución dos traballos será de 4 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.