O Centro Social de Cabo de Cruz acolle este mes a mostra de pintura “Contrapuntos”

29 Xuño 2020

O Concello de Boiro promove este mes, no Centro Social de Cabo de Cruz, a exposición pictórica que leva por título ”Contrapuntos” e que acolle as obras de Esther Molinero e Pepa Mariño, artistas afincadas en Compostela. A mostra contén creacións moi coloridas e con textura e pode verse durante todo o mes de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Esther Molinero é natural de Almodóvar e realizou exposicións nacionais e internacionais, realiza docencia no seu propio taller e é confundadora da Asociación Galega de Arte e Pintura. Nesta mostra presenta unha selección das súas últimas obras de tintas sobre lenzo, nas que se alían delicadeza e poesía coa harmonía cromática e a técnica depurada para ofrecer ao espectador paisaxes idílicos repletos de vida nos que ten presenza a figura feminina, a natureza, as aves e as flores.
Pepa Mariño, natural de Pontevedra, desenrola a súa actividade artística no campo da escultura e a pintura, colaborou en numerosas publicacións e exposicións, tanto dentro como fora de España e é tamén cofundadora da mesma asociación. Ofrece á mostra un contrapunto cunha serie de obras realizadas, na súa maior parte, en técnica mixta sobre lenzo e algún collage, en distintos formatos e de variada iconografía, cun transfondo de preocupación social e alusión a problemas puntuais do momento que nos toca vivir.
A selección de obras que se expoñen en “Contrapuntos” pretenden atrapar ao espectador e transmitirlle co seu particular linguaxe expresivo os seus sentimentos e emocións. A mostra pode verse de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no Centro Social de Cabo de Cruz, ata finais do mes de xullo.

CS. Cabo de Cruz Boiro

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio. A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...