O Concello de Boiro devolverá o importe das taxas das terrazas pola interrupción da actividade durante a COVID

25 Xuño 2020

O Concello de Boiro aprobou no pleno do pasado xoves unha modificación na ordenanza que regula as taxas por ocupación de vía pública. Este cambio afecta directamente ás taxas das terrazas para os meses de agosto a decembro e tamén durante o Estado de Alarma, cuxos importes vanse devolver aos establecementos hostaleiros por non poder desenvolver a súa actividade ao longo dese tempo de emerxencia sanitaria.

Na modificación da ordenanza fiscal nº15, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, establecese que “desde o momento que entre en vigor, previsiblemente no mes de agosto, ata o 31 de decembro de 2020, non se vai proceder ao cobro da taxa correspondente aos establecementos hostaleiros que tiñan solicitada, ou que soliciten, a ocupación do solo público”.

Do mesmo xeito, o Concello de Boiro vai proceder á devolución do importe correspondente aos meses nos que os establecementos non puideron exercer a súa actividade, desde o 14 de marzo ata o 11 de maio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.