Dodro recollerá as reclamacións da veciñanza polas carencias no transporte público

27 Novembro 2026

O Concello trasladará as queixas á Xunta de Galicia para esixir a revisión e mellora da concesión que conecta o municipio con Padrón, Santiago e o Barbanza.

O Concello de Dodro vén de anunciar a posta en marcha dunha recollida de reclamacións para darlle traslado á Xunta de Galicia ante as numerosas carencias detectadas no servizo de autobús. O obxectivo da iniciativa municipal é esixir a revisión da actual concesión e acadar un transporte público de calidade, adaptado ás necesidades reais da cidadanía.

Segundo explica o goberno local, a entrada en funcionamento do novo contrato do Plan de Transporte Público da Xunta para a comarca do Barbanza (contrato XG847) supuxo unha profunda reorganización de percorridos, paradas e horarios nas liñas que comunican Dodro con Padrón, Santiago de Compostela e os municipios barbanceses.

Desde o Concello advírtese de que esta reestruturación minguou e reduciu drasticamente tanto as frecuencias como as conexións do municipio co resto do territorio. Esta situación está a prexudicar directamente ás persoas usuarias habituais do autobús, afectando de xeito especialmente grave ao colectivo de estudantes e ás persoas traballadoras.

Puntos e horarios para presentar as queixas

Ante as sucesivas queixas recibidas por parte da veciñanza, a administración local porá un documento oficial de reclamación a disposición de todas as persoas afectadas. Os formularios poderán cubrirse durante os días hábiles nos seguintes puntos e horarios:

  • Casa do Concello: En horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas.
  • Casa da Cultura: En horario de mañá e tarde, de 10:00 a 15:00 horas e de 15:30 a 19:00 horas.

Outros artigos

Atopan o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Cee

O cadáver foi localizado por un particular na tarde deste venres na zona do antigo estaleiro, na rúa da Mariña. Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste venres, 27 de novembro, o corpo sen vida dunha persoa que apareceu aboiando no mar no municipio coruñés...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...