Controladas mais de 100 persoas no Barbanza polos positivos. Seguen baixando os casos activos en Galicia

24 Xuño 2020

O Servizo Galego de Saúde investigou a máis de cen persoas relacionadas co foco da COVID-19 detectado a pasada fin de semana no Barbanza, que se mantén con nove positivos. Segundo o Sergas realizaron 104 PCR, das cales 94 foron negativas e unha está pendente “de coñecer o resultado”.

As nove persoas con PCR positiva atópanse en illamento e seguimento domiciliario, mentres que as outras 95 investigadas permanecen en corentena catorce días.


Neste día de San Xoán a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 331, deles 108 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 11 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 327 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.554 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 168.410.

Os casos de COVID-19 en residencias de maiores de Galicia seguen en cinco segundo os datos facilitados polas consellerías de Política Social e Sanidade.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.