
Novos artistas formáronse nestes días no Museo do Gravado de Artes (Ribeira) asistindo ao segundo curso de gravado mural ofertado polo centro despois da incorporación dun tórculo grande grazas á ampliación do taller.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, participou na entrega dos diplomas aos sete artistas que aprenderon desta disciplina da man dos profesores José Fuentes e Antonio Navarro. Segundo a edil, “esta institución museística é o perfecto exemplo dun lugar onde conflúe a aprendizaxe, a custodia e a divulgación da arte, cun gran dinamismo ao seguir espallando cultura dende o rural.”





