Achan falecida a unha persoa desaparecida na tarde do luns en Vilagarcía de Arousa

24 Novembro 2026

Foi atopada no camiño da Regueira, preto dun río.

Sobre as 19:20 horas da tarde de onte, o 112 Galicia recibiu o aviso da desaparición dun nonaxenario no entorno da rúa de Camilo José Cela. 

Rapidamente, levouse a cabo un operativo de busca no que participaron a Policía Nacional, Emerxencias de Vilagarcía de Arousa e os cans de rescate e salvamento de Galicia (CASAGA).

A busca finalizou onte con resultado negativo, aínda que hoxe, arredor das 15:30 horas, un membro de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa conseguiu dar co home desaparecido. Porén, atopábase falecido, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida.

Outros artigos

“A man que dispara”. Xosé Antonio Silva

Lucia e Jason son unha parella de noivos que rouba, atraca, dispara, consome drogas e escapa da policía por unha cidade imaxinaria moi parecida a Miami. Son os protagonistas da sexta entrega do videoxogo Grand Theft Auto, o GTA, que vén de chegar ás tendas e, segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...